Adaptación de progresivos

adaptacion-progresivos

En Innova Ópticos aseguramosche que te vas a adaptar ós teus novos progresivos.

O uso de lentes progresivas require dun período de adaptación. Este período consiste en mecanizar os movementos oculares e da cabeza para que os ollos sempre apunten polo lugar de máxima visión.

O usuario que por primeira vez usa LENTES PROGRESIVAS require dun período de adaptación, especialmente ao baixar escaleiras e no enfoque adecuado segundo a distancia requirida.

Coas LENTES PROGRESIVAS xa non terá o salto da imaxe entre a visión afastada e a visión máis próxima.

Por iso é importante que siga as nosas instrucións para unha correcta adaptación:

  • PACIENCIA ao comezo, tres ou catro días requírese para adaptarse ás novas lentes.
  • PRACTICAR o cambio de visión Lonxe-Preto (por exemplo: sentados no sofá diante da televisión coas costas ergueitas e unha revista nas mans, alternar a visión do televisor coa lectura.
  • Ó baixar as escaleiras ou mirar ó chan ter especial COIDADO. Neste caso baixe a súa cabeza mentres ve a través da lente na parte superior de distancia afastada.
  • Direccione a mirada cara o obxecto desexado co movemento da cabeza en vez desprazar unicamente os ollos a través da lente, para atopar a zona máis nítida segundo a distancia do obxecto.
  • Se despois de 2 SEMANAS vostede non logra adaptarse á lente acoda ós nosos profesionais para que revisen novamente a colocación da montura na súa cara. Ás veces o axuste das lentes nun milímetro pode xerar un cambio moi importante para a adaptación.
  • NON deixe pasar moito tempo para a adaptación ás lentes progresivas porque lle custará moito mais acomodarse a elas.

En INNOVA ÓPTICOS ofrecemosche as versións máis avanzadas en lentes progresivas personalizadas VARILUX de Essilor.

E LEMBRA !!!, tódalas nosas lentes progresivas teñen garantía de adaptación de 3 meses e por iso …

SEGURO que te adaptas os progresivos!

GARANTÍA

E se non te adaptas cambiamosche os cristais sen compromiso algún.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

CERRAR